radio-galegaA segunda onda de 2017 do Estudo Xeral de Medios, EXM, feita pública hoxe, indica que a Radio Galega mantén a terceira posición en Galicia e son xa 145.000 os galegos que escoitan as emisoras públicas de luns a domingo, aumentando o promedio ata 147.000 no período de luns a venres. Isto supón unha mellora de audiencia en 18.000 novos ouvintes con respecto ao mesmo período do ano pasado, o que significa un 14,1% de incremento. En relación á anterior onda, publicada en abril, a RG sumou 5.000 novos ouvintes de luns a domingo, o que supón unha suba porcentual do 3,5%.

Ademais, comparando o período de outubro do 2016 a maio do 2017, co mesmo período de hai un ano, a Radio Galega medrou de novo 5.000 novos ouvintes no conxunto da semana o que implica un incremento do 3,7%.

A audiencia tamén respalda a programación da Radio Galega Música, que chegou nesta onda do EXM a 9.000 persoas no período de luns a venres.

En este artículo

Iniciar conversación

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.