radio-galegaA TVG lidera a primeira onda do EXM de 2018 en Galicia e tamén o fai no acumulado anual. O liderado da TVG en Galicia é absoluto no cómputo semanal nesta primeira análise do Estudio Xeral de Medios, feito público hoxe, acumulando unha cota do 18,7% de luns a domingo. A canle máis próxima, a máis de 5 puntos de distancia, é a televisión privada Antena 3.

Así mesmo, se os datos se miran só entre semana, de luns a venres, a TVG mantén o liderado xeral cunha cota do 19,7%. A canle máis próxima neste caso sitúase aínda a máis distancia, a 7,1 puntos.

Na faixa de Informativos, as diferencias entre o primeiro e o segundo son aínda maiores. A TVG lidera cun 27,6%, case duplicando a segunda canle nesta escala, que é TVE, cun 15% de cota. Na faixa da noite, a TVG está por riba do 20% de cota en dous días da semana, os martes e os xoves.

Esta primeira onda do EXM permite pechar o círculo e facer a comparativa con respecto á primeira onda de 2017. Neste ano natural os datos reflicten, unha vez máis, o liderado sostido da Televisión de Galicia ante o resto de canles, tanto públicas coma privadas. Así, a TVG lidera cunha cota do 16,4% o cómputo semanal, con máis de 3 puntos de cota sobre a segunda. Algarismos semellantes reflíctense se a análise é de luns a venres. Nesta faixa, a TVG tamén mantén o liderado cunha cota do 16,7% e a canle máis próxima sitúase tamén a máis de 3 puntos de distancia.

Radio Galega

A grande aposta da Radio Galega para esta temporada irrompe con moita forza no escenario. A audiencia respondeu ante a nova estratexia da canle, con máis voces, máis programas musicais especializados e unha lista de cancións renovada. Así, a Radio Galega Música sobe case un 36% con respecto á mesma onda do ano anterior, unha suba que se mantén ao analizar os datos anuais de luns a venres, onde Radio Galega Música acadou un incremento do 35%.

No cómputo xeral, a RG segue a ser a radio pública preferida polos galegos e mantén os datos de 124.000 oíntes en toda a semana, consolidando así o peche do ano anterior e experimentando un crecemento moi destacado nos novos proxectos. A cifra de oíntes da Radio Galega, analizando o intervalo de luns a venres, sitúase nesta primeira onda do EXM nas 135.00 persoas.

En este artículo

Iniciar conversación

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.