A Radio Galega pecha a tempada na que bateu a súa cota máxima de audiencia co dato acumulado de 177.000 oíntes de luns a venres, o que supón un incremento do 34% con respecto ao último ano móbil rexistrado, segundo o Estudo Xeral de Medios (EXM) coñecido este martes. Isto é, 45.000 oíntes máis escoitan a RG, o que a reforza como primeira emisora pública de Galicia.

Pola súa parte, Radio Galega Música remata a tempada cunha audiencia acumulada de 46.000 oíntes de luns a venres, o dobre do anterior ano móbil rexistrado polo EXM, un incremento de oíntes sen precedentes desde o seu cambio de programación en 2019. Este incremento tamén se consolida na referenza temporal de luns a domingo, cun aumento do 41%.

Nun contexto de caída dun 16% do consumo da radio xeralista en Galicia, a Radio Galega mantén a fidelidade da súa audiencia e posiciónase como referenza do panorama radiofónico acadando 224.000 oíntes de luns a venres e 206.000 oíntes de luns a domingo; máis dun 40 e dun 30 % respectivamente en relación ao último ano móbil rexistrado polo Estudo Xeral de Medios.

En este artículo

Iniciar conversación

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.